Irmáns Muñoz Goncalves de España.

Ponferrada é unha localidade da provincial de León de 66.000 habitantes. A nivel xadrecístico, tivo o seu esplendor nos anos noventa, cando se organizaran importantes torneos internacionais e o Clube de Xadrez Endesa militaba na máxima categoría do Xadrez Español.

Desgraciadamente, a actividade xadrecística na comarca foi apagándose paseniño, de xeito que no ano 2014 xa non quedaba nin un só clube, nin un só xogador federado en Ponferrada e non había nin actividades xadrecísticas para os mais cativos.

Neste contexto, os monitores José Sande e Cristina Fernández fundaron un novo clube (Clube Xadrez Temple) e sen axudas públicas nin subsidios, sufragando eles mesmos o material de xogo, comezaron a dar clases e organizar torneos para os máis pequenos. Pouco a pouco as clases se foron enchendo de pequenos xadrecistas que empezaron a colleitar éxitos a nivel provincial.

No 2015 apareceron pola porta do clube catro irmáns pequenos (Iván, Noa e Miguel, tres trillizos de cinco anos, e Ada, a máis vella, de sete anos). Con 4 anos, e a base de xogar con nenos maiores, Iván aprenderá as regras do xogo na escola, ensinándollas despois na casa ao resto dos seus irmáns. O interese dos irmáns polo xadrez non paraba de medrar, polo cal os seus país buscaran un clube de xadrez.

A súa paixón e entusiasmo fixo que en pouco tempo as clases de iniciación do clube se lles quedaran curtas. Desde moi novos, acostumáronse a entrenar e competir sen medo non só con nenos máis vellos e experimentados, senón tamén con adultos, o cal favoreceu a sua madurez e evolución xadrecística.

En 2017 fedéranse, destacando que Iván non só gaña o provincial sub-8 con sete anos, senón tamén o autonómico sub-8 de Castela e León.

Ao longo do 2018 continúan colleitando triunfos os irmáns Muñoz, culminando no subcampionato de España de Noa na categoría sub-8.

Alén de xogar ao xadrez, estudan no conservatorio e continúan a practicar numerosos deportes e actividades.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies