Un microcosmos cheo de prodixios.

Cativos con adestrador persoal, a piques de obter o título de Gran Mestre e con ata 8 horas diarias de traballo.
ÁLVARO ALONSO 
10/11/2018 05:00 HCando fai dezaséis anos Peñíscola acolleu o Europeo de xadrez dos máis novos, Magnus Carlsen era só un nome máis no listado de prodixios. Porén, agora a localidade castellonense pode gabarse de de ter asistido aos primeiros pasos do triple campión mundial, que persegue a súa cuarta coroa. E, polo que se está a vivir estes días, seica nuns anos se fale de Santiago de Compostela como o lugar onde se viu despontar a un dos grandes.
A Cidade da Cultura acolle ata o vindeiro venres o Mundial de cadetes, no cal se enmarcan as  categorías sub-8, sub-10 e sub-12. En total, 827 nenos de 86 países dos cinco continentes, que converten o Gaiás nunha Olimpiada do xadrez en miniatura. Un ambiente sen igual, difícil de ver noutra disciplina deportiva a estas idades, con máis de 2.000 acompañantes (familiares e adestradores) de todas as razas e culturas.

“Eu sou o meu propio patrocinador”, conta un pai de Nova Zelanda , un país do que viñeron dous xogadores, cada un cos seus pais. Uns 20.000 km de viaxe (ida e volta) e 5.000 euros por familia.  “Non podes ser un bo xogador se non te enfrontas aos mellores”, xustifícase. Namentres, una nai de Namibia, pola primeira vez en Europa, explica que aínda que é un deporte moi novo no seu país, e un evento “moi especial” para os pequenos e non lle importa pagar os custos. “A viaxe é una inversión en capital humano”, salienta Gerardo Díaz, de Chile. En Sudamérica incluso organízanse parrilladas para financiar o torneo.

Pais que renuncian ao traballo

Atendendo ao puramente xadrecístico, a cantidade de pequenos que se reúnen arredor dun taboleiro serven de anzol para descubrirmos a una das estrelas en miniatura: D. Gukesh. Un indio que está a piques de ser Gran Mestre – a categoría máis alta – con apenas 12 anos. “Comecei no 2013 como actividade extraescolar. Agora entreno só cun preparador persoal”, conta á Voz. Adícalle entre seis e oito horas ao día e segundo os medios do seu país “xoga cunha madurez por enriba da súa idade”. Os seus pais, médicos os dous, pasaron a atender consultas só puntuais para adicarse ao seu fillo, que ten como referentes a Bobby Fisher e Anand.

Namentres, o número dous por ranking en Santiago es Christopher Woojin Yoooo,   dos Estados Unidos, a delegación máis numerosa – 180 persoas entre nenos e acompañanantes xunto coa española. “Adestro entre dous e catro horas ao día. Claro que me gustaría ser Gran Mestre, pero aínda non podo dicir cando o vou conseguir”, conta Yoo cunha grande soltura. O seu pai gastouse uns 5.000 dólares en viaxar desde California e todo o demais.

Pero para investimento, a doutro norteamericano, Xan Meister, que ten como adestrador persoal a Varuzhan Akobian, un dos ilustres do seu país. “Aquí hai xogadores moi talentosos e con moitas oportunidades no futuro. Todo comeza aquí”, subliña o Gran Mestre.

Outros nomes a destacar na categoría sub-12 son Volodar Murzin (Rusia) e Arthur Guo (Estados Unidos). Mentras, na sub-10 aparece Javier Habans, un pamplonés que acumula tres títulos nacionais nesta categoría e dous en sub-8. Para prepararse xoga moitas veces contra si mesmo na súa habitación ou polo ordenador. “É moi tranquilo nas partidas, moi ambicioso e ten moita capacidade de concentración”, valora o seu mestre, Javier de la Villa. E entre os galegos pódese destacar a Xulio del Prado, un vigués de 11 anos que leva xa un tempo destacando a nivel nacional.

A xogadora máis nova na última Olimpiada, con só 10 anos, entre as participantes.

Moitos están habituados a ter patrocinadores e a dar entrevistas a medios de comunicación. Por iso non sorprende a desenvoltura de Samantha Edithso (Indonesia); que con 10 anos foi a participante máis nova na Olimpiada celebrada en Georgia fai unas semanas. En Santiago parte como favorita na categoría sub-10. “Aos tres meses de empezar xa fun campioa e desde entón sempre habitúo a ser a xogadora máis nova”, detalla.

A estes pequenos, sobre todo cando se achegan aos doce, é habitual velos xogar contra adultos. Un exemplo de superioridade que se pode ver no Gaiás e o de Miaoyi Lu (China), que como leva tanta vantaxe ás outras nenas, xoga en open, no apartado que engloba aos nenos. De feito, parte como séptima favorita de entre 135 competidores.

“Unha experiencia valiosa”

O presidente da Federación Española de Xadrez, Javier Ochoa de Echagüen, resume, sobre o torneo, que “para todos é moi valiosa a experiencia de convivir con outros cativos de tantos países, aínda que falten algún día á escola”. “A imaxen que estamos a ver en Compostela é espectacular, o esforzó que facemos paga a pena”, conclúe.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies